A Tenda de Salo, tenda de antigüidades en Teo

659 113 165

Achégate a nosa tenda de antigüidades en Teo

No ano 2015 tomamos a decisión de abrir una pequena tenda de antigüidades en Teo e grazas á boa acollida de todos os veciños e de todos aqueles que se achegan a visitar a nosa tenda, logramos ser unha das tendas de antigüidades de referencia na zona de Teo, na que poderás atopar artigos novos e seminovos.

Co transcurso dos anos fomos ampliando os nosos produtos, ofrecendo hoxe en día infinitas posibilidades no referente a artigos e produtos antigos.

Se es dos que lle gusta rememorar vellos tempos, somos a tenda que estás desexando atopar. Figuras de porcelana, figuras de cerámica, cadros, espellos, elementos decorativos para xardín, bonecas, reloxos, cuncas, vaixelas, xerras, macetas, bicicletas, pezas de madeira, botellas, artigos de decoración, maquetas de coches, xoguetes... Son moitas as posibilidades que podes atopar na nosa tenda de antigüidades en Teo

A nosa tenda

  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo
  • A tenda de Salo en Teo

Onde nos podes atopar?

Ademais de ter a nosa tenda en Teo, tamén estamos presentes nas feiras galegas de referencia máis próximas a nos como na de Padrón e na de A Estrada.

Se te atopas nalgunha destas feiras, aproxímate onda nos e vota un ollo de todos os artigos que temos a venta. Sorprenderaste!

Servizos de A Tenda de Salo

Manualidades

Na Tenda de Salo prestamos gran atención a todos os pequenos detalles, é por iso polo que na nosa tenda en Teo poderás atopar diferentes artigos feitos a man como cadros de punto de cruz, babeiros para os máis pequenos da casa, tortas de pañais, cadros en diferentes materiais... Atoparás un sinfin de posibilidades.

Artigos de decoración

Queres ambientar a túa casa cun estilo rústico? Gústanche os artigos antigos? Es un coleccionista?

Se te achegas A Tenda de Salo poderás atopar unha interminable lista de artigos na que poderás topar bicicletas, vaixelas, xerras, cadros, bonecas, xoguetes, figuras, instrumentos musicais, artigos en plata, artigos de iluminación, teléfonos, tocadiscos, radios, cristais... Achégate a Teo e visita a nosa tenda de antigüidades.

Decoración para xardíns

Se na casa tes un xardín e queres que teña unha decoración rústica, na nosa tenda de antigüidades poderás atopar unha gran variedade de artigos de xardín como arados, fontes, pías, rodas de carros, sachadoras...

Buscas algún artigo en concreto para decorar o teu xardín? Consúltanos!

¡Visita o noso facebook!

Visítanos en

Contacta con A Tenda de Salo en Teo

Se queres sorprender a alguén que sexa un fanático das antigüidades ou regalar algunha das nosas manualidades, ponte en contacto connosco. Agardámoste!

  • Ctra. Santiago-A Estrada, 13 (A Florida) - 15883 Teo
  • De luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00. Sábados de 10:00 a 13:30.