Tenda de antigüidades en Teo

Venta de toda clase de antigüidades en Teo

Servizos de A Tenda de Salo

Manualidades

Na Tenda de Salo prestamos gran atención a todos os pequenos detalles, é por iso polo que na nosa tenda en Teo poderás atopar diferentes artigos feitos a man como cadros de punto de cruz, babeiros para os máis pequenos da casa, tortas de pañais, cadros en diferentes materiais... Atoparás un sinfin de posibilidades.

Artigos de decoración

Queres ambientar a túa casa cun estilo rústico? Gústanche os artigos antigos? Es un coleccionista?

Se te achegas A Tenda de Salo poderás atopar unha interminable lista de artigos na que poderás topar bicicletas, vaixelas, xerras, cadros, bonecas, xoguetes, figuras, instrumentos musicais, artigos en plata, artigos de iluminación, teléfonos, tocadiscos, radios, cristais... Achégate a Teo e visita a nosa tenda de antigüidades. Se precisas axuda durante a túa visita non tes máis que pedir a algún dos nosos traballadores que te asesore en todo o que sintas necesario.

Decoración para xardíns

Se na casa tes un xardín e queres que teña unha decoración rústica, na nosa tenda de antigüidades poderás atopar unha gran variedade de artigos de xardín como arados, fontes, pías, rodas de carros, sachadoras...

Buscas algún artigo en concreto para decorar o teu xardín? Consúltanos!

Visita a nosa tenda de antigüidades en Teo

Se estás a buscar algún artigo antigo en especial, ou simplemente queres botarlle unha ollada ao noso catálogo, esperámoste en Teo. Na Tenda de Salo atoparás unha gran variedade de antigüidades, xunto a un equipo de profesionais dispostos a prestar a axuda que os nosos clientes precisen. ¡Esperamos a túa visita!

Contactar